lavoz.es
O Concello asinará un convenio de 6.000 euros co colectivo Aspadeza
- Autor:
- lalín / a voz
- Data de publicación:
- 8/3/2011
O Concello de Lalín asinará coa asociación Aspadeza un convenio de colaboración para levar a cabo un programa integral de atención a persoas con discapacidade, co obxectivo de facilitar a integración social do colectivo. A edila de Servizos Sociais, Paz Pérez, concretou que a achega municipal para o acordo ascende a 6.000 euros, para desenvolver un programa de actuacións conxuntas de mantemento das instalacións do centro e de traballos de xardinería baixo a supervisiónde monitores especializados.
Pérez indicou que no municipio existen 1.896 persoas con diversidade funcional ?1.128 padecen discapacidade física, 546 psíquica e 222 sensorial?, que precisan de atención específica de apoio para a súa integración social. Destacou así o labor de Aspadeza na integración de discapacitados psíquicos, con 49 asociados e atención diaria a 23 persoas.
O convenio que asinarán o Concello de Lalín e Aspadeza servirá para desenvolver un programa de actuacións conxunto no mantemento do centro do colectivo e tarefas de xardinería no municipio. Paz Pérez indicou que «ou convenio ten natureza puramente de colaboración e integración social, polo que a cantidade que achega ou Concello é para cubrir gastos esenciais e de funcionamento do centro ocupacional, mentres que Aspadeza deberá ter cuberto, coas pólizas e seguros precisos, ao persoal que realice estas tarefas de colaboración.
Fuente: Periódico La Voz de Galicia.
:::
No hay comentarios:
Publicar un comentario