- Data de publicación:
- 20/12/2010
O informe do Observatorio coincidiu onte cos últimos datos sobre a dependencia en España facilitados polo Instituto de Maiores e Servizos Sociais (Imserso).
Segundo esta institución, en Galicia hai 87.350 persoas que solicitaron axuda dalgún tipo ao Sistema de Atención á Dependencia. Este dato representa o 5,89% do total de España, onde 1.482.375 cidadáns reclamaron unha prestación.
Desas máis de 87.000 solicitudes en Galicia, o sistema valorou 71.302, refugando o resto por improcedentes ou por erros na tramitación, e recoñecendo a 53.250 dependentes, que é a cifra oficial dos que existen actualmente en Galicia, segundo o Imserso.
En total hai 34.100 solicitantes que non conseguiron unha prestación da lei de dependencia na comunidade, ben porque non teñen dereito ou ben porque a demora do sistema ou a falta de recursos prívanos dela.
O Imserso destaca a enorme diferenza por sexo que houbo este ano entre os solicitantes, pois o 65% son mulleres. Andalucía, Cataluña e Madrid foron, un ano máis, as que máis peticións tramitaron.
--
Enrique Rubio Aracil
Nada sobre nosotros sin nosotros.
No hay comentarios:
Publicar un comentario