.

.

























Si no salvo mis ideales, no me salvo a mi.







maito:%20msierrahoyos@gmail.com







































.

.

Hoy en LA SER

A causa del cambio del formato usado actualmente por La SER, hemos de facilitar las noticias de manera diferente, ahora lo haremos remitiéndoles a las páginas donde se encuentran las noticias y vds. eligen finalmente su audición, distinto es en la versión anterior donde nos permitía ofrecerles individualmente las mismas.
.
Existen otras opciones, otros programas en donde podrás optar por ellos. Búscalos verás noticias a diario sobre la actualidad.

.

.

domingo, diciembre 19, 2010

Eso eso, ya iba siendo hora...




:::


Domingo
19 de diciembre del 2010

Financiamento As autonomías dan por vez primeira máis diñeiro que o Estado para a dependencia



Os expertos auguran que este desequilibrio, que fai que se incumpra a lei, incrementarase no futuro

Autor:
Mario Beramendi
Localidade:
santiago/a voz.
Data de publicación:
19/12/2010

O modelo de financiamento paritario da lei de dependencia, que reparte o custo da súa aplicación a partes iguais entre o Estado e as comunidades, rompeuse por vez primeira este ano. As autonomías xa achegan máis que o Goberno central, o que supón un incumprimento do marco legal vixente, e condena ás facendas rexionais nun contexto de crise. Os datos fíxoos públicos onte o Observatorio Estatal para a Dependencia, que celebrou estes días en Santiago a súa sexta reunión. No que vai do 2010, o Estado achegou 1.777 millóns de euros, o 32%, mentres que as comunidades, no seu conxunto, desembolsaron 3.006,2 millóns, o que representa o 54%. O 14% restante correspóndese co copago dos usuarios. As previsións que manexa o Observatorio nun informe que fará público nos próximos días revelan que, lonxe de corrixirse, este desequilibrio irá aumentando a partir do 2011. Un horizonte que empeza a xerar inquietude nas comunidades, que ven perigar a medio e longo prazo a sustentabilidade dun modelo, cada vez máis custoso polo envellecemento poboacional. A desproporción entre o que paga o Estado e as comunidades obedece, en gran parte, ao modelo de financiamento deseñado polo Goberno, no que a Administración central achega en función do grao de discapacidade do dependente e non do custo do servizo que se lle dá. «Non é o mesmo unha libranza de coidador de 500 euros que financiar unha praza de residencia, que custa moito máis diñeiro», explica José María Ramírez, presidente do organismo. Esta é unha das reivindicacións que abanderou nos últimos meses Beatriz Mato, conselleira de Traballo e Benestar, quen atribúe á falta de financiamento de Madrid a espera que ten Galicia. «Se fixesen o mesmo esforzo que nós, os datos serían outros», asegura.

:::

No hay comentarios: